Texto casi Diario

ALEGRÍA & ILUSIÓN

Antón Castro regresa ao mar galego na edición definitiva de «Golpes de mar»

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2017/08/03/span-langglanton-castro-regresa-ao-mar-galego-na-edicion-definitiva-golpes-marspan/0003_201708G3P36991.htm

Este verán fanse trinta anos dende que Antón Castro (Arteixo, 1959) se dedica ao xornalismo, unha profesión que desenvolveu practicamente enteira en Zaragoza -a súa cidade de adopción a partir de 1978- e na que obtivo recoñecementos como o Premio Nacional de Periodismo Cultural no 2013. Un tempo no que tamén cultivou a literatura nos eidos da poesía, a novela e o relato.

A este último xénero pertence o seu libro Golpes de mar, cuxa versión definitiva, publicada por Ediciones del Viento, se presenta mañá na Feira do Libro da Coruña ás 20.30 horas. É un libro con historia. A súa escrita iniciouse en 1986, cando o seu autor traballaba de caixeiro nun salón de xogos e bosquexaba os relatos no papel marrón que envolvía os cartóns do bingo. «Era un tempo no que non sabía que quería facer», lembra agora Castro, quen a través duns relatos de corte mítico regresaba ao mar lendario da Costa da Morte da súa infancia. Son eses contos iniciais os que deron forma á primeira versión do volume, publicado por Espiral Maior en 1997 co título de Vida e morte das baleas. Aí está o mar «duro, da vida áspera e difícil dos seus traballadores, pero tamén o das aparicións, os naufraxios».

Deses textos orixinais, Castro recupera agora un, reformulado, Urco, el perro del mar, que non aparecera na versión en castelán, xa co título de Golpes de mar que editou Destino no 2006 e esgotada desde entón. Ademais, vén de sumarlle catro pezas inéditas coas que espera pechar un libro que naceu hai trinta anos e un ciclo que nace da súa obsesión co mar. De feito, estes días que viaxou a Galicia a presenza do océano inspiroulle novas ideas literarias, pero «xa non terán cabida en Golpes de mar. De aparecer nun libro, será noutro», asegura.

¿Por que, entón, dá por concluída esta xeira? «Creo que neste tempo a miña ollada cambiou. No 78, en Zaragoza, o mar representaba os soños que se van perdendo. Pero tamén asumín o mar como un feito cotián, aínda que sigue a representar os soños, a perda, a melancolía. Naquel tempo escribín ademais un poemario que se perdeu, titulado A praia dos afogados. Creo que agora escribiría dun xeito máis sosegado, sereno. E, aínda que é certo que o meu estilo ten unha inclinación ao lirismo, tamén creo que me fun despoxando dos barroquismos», argumenta o escritor.

Testemuño deses anos lonxe do mar galego son os contos que evocan a infancia e a descuberta da mocidade en Arteixo e na Coruña, cun inequívoco aire de relato de iniciación. Dos tardes con Beatriz de Sousa, por exemplo, resume toda a súa vida ata entón, «así como unha maneira concreta de mirar o mar».

Como iniciáticas foron tamén as lecturas, de clásicos -Cunqueiro, Dieste, Borges, Poe- ou contemporáneos -Manuel Rivas, presente en El hermano que le inventé a mi hermano-, que agroman nas páxinas de Golpes de mar. Porque o océano, ademais de contemplado e vivido, tamén é unha experiencia de lectura e escritura. Como os protagonistas de Cartas de domingo al más allá, a familia dun percebeiro morto que cada semana redactan unha carta na que lle explican ao pai e esposo desaparecido como é a súa vida sen el: lánzanas ao mar nunha botella, unha mensaxe ao futuro descoñecido. Como os contos deste libro.

|||

Peticiones a la Virgen del Pilar | Evangelio   ||  Facebook | Twitter | G+ | PinterestAl alba

 

Google News | RAE | El País | El Cultural | El Periódico | La Vanguardia |  20 Minutos | Público | El Confidencial | El Diario | Heraldo de Aragón | El Periódico de Aragón | Menéame | Ycombinator | Almendrón | Víctor Juan / Blog | Libros y Bitios | Reflexiones e irreflexiones | Blogia | Peibols | Antón Castro | Enrique Dans | Daniel Gascón | Arcadi Espada / Blog  |   El Correo de las Indias|

[ WordPress - Matt - Adaptación de Jouranlized Sand Mike Little ]

Texto casi diario
Acerca de | Archivo

 

Donate bitcoin: 1CPujSxdhXkEHMB7WhFAw88DiUcVa9F6D7

______
Orejetas

...

...

////// Rejilla al infinito

Virgen del Pilar | Evangelio

———

...

... ...

...

...

...

Artículos en Letras Libres

...

............

Buscador: